Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Zacarías 6 - Biblia SEPT


Oitava visión A) Os catro carros e a volta dos exiliados

1 Volvín levantar os meus ollos, e tiven unha visión: velaí, catro carros saían de entre as dúas montañas e as montañas eran de bronce.

2 No primeiro carro había cabalos vermellos; no segundo, cabalos negros;

3 no terceiro, cabalos brancos; e no cuarto, cabalos baios.

4 Logo tomei a palabra e pregunteille ó anxo que falaba comigo: "Que é isto, meu Señor?".

5 O anxo respondeu: "Estes catro saen na dirección dos ventos do ceo, despois de estaren na presenza do Señor de toda a terra.

6 O carro no que están os cabalos negros sae para o país do norte; os brancos, para o occidente daqueles; e os baios, para o país do sur.

7 Os cabalos baios saen e tratan de camiñar e de percorrer o país". El díxolles: "Marchade e percorrede o país". E eles percorreron o país.

8 El berrou e díxome: "Mira, os que saen para o país do norte fan repousar o espírito do Señor no país do norte.


B) A coroación de Zerubabel e Iehoxúa

9 Veume a palabra do Señor nestes termos:

10 "Recolle bens de entre os deportados de Heldai, de Tobías, de Iedaías. O día que volvas, traeralos á casa de Ioxías, fillo de Sefanías, que xa volveu de Babilonia.

11 Has de coller a prata e o ouro, farás unhas coroas e poralas na cabeza do sumo sacerdote Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e na de Zerubabel.

12 E diraslle a este: Así fala o Señor dos Exércitos: Velaí un home, que ten por nome Refillo, e por debaixo de si xermolará, e construirá o santuario do Señor. Si, el reconstruirá o santuario do Señor.

13 Levantará a maxestade rexia, e sentarase para reinar sobre o seu trono, haberá un sacerdote sobre o seu propio trono, e entre os dous traerán a prosperidade.

14 No santuario do Señor a coroa servirá de memorial de Heldai, de Tobías e de Iedaías, e da xenerosidade do fillo de Sefanías".

15 Os que están lonxe virán e construirán o santuario do Señor, e entón recoñeceredes que o Señor dos Exércitos me mandou onda vós. Isto sucederá, se vós facedes caso en serio da voz do Señor, o voso Deus".

Lean sinn:



Sanasan