Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Zacarías 5 - Biblia SEPT


Sexta visión: o libro da maldición

1 Volvín erguer os meus ollos e tiven unha visión: velaí un rolo de escribir que voaba.

2 El díxome: "Que estás vendo?" Eu contesteille: "Estou vendo un rolo de escribir que vai voando; o seu longo é de vinte cóbados, a súa anchura de dez".

3 Entón el díxome: "Isto é a maldición que se estende por todo o país; conforme a ela todo o que roube será expulsado deste país, e todo o que perxura, será tamén expulsado.

4 Fíxena saír —é o Señor dos Exércitos quen fala—, para que entre na casa do ladrón e na casa do que xura en falso polo meu nome para que quede dentro delas e se consuman as súas madeiras e as súas pedras".


Sétima visión: a muller posta na medida de efah

5 Logo saíu o anxo que falaba comigo e díxome: "Ei! Abre os teus ollos, que é iso que aparece?"

6 Contesteille: "Que é?" E el díxome: "Iso é unha medida de efah que se aparece". E engadiu: "Isto é a iniquidade deles en todo o país".

7 Daquela levantouse da terra un disco de chumbo, e onda el unha muller sentada na medida de efah.

8 El dixo: "Esta é a Maldade". Logo botouna dentro da medida de efah e púxolle a lousa de chumbo á boca da medida de efah.

9 Logo abrín os ollos e tiven unha visión: Apareceron dúas mulleres: tiñan espírito nas súas ás, e as ás eran coma as ás da cegoña. Levantaron a medida de efah entre a terra e o ceo.

10 Entón pregunteille ó anxo que falaba comigo: "Onde están levando elas a medida de efah?".

11 El díxome: "Van construírlle unha casa no país de Xinar, e cando estea feita, será posta alí sobre o seu pedestal".

Lean sinn:



Sanasan