Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Xonás 3 - Biblia SEPT


Xonás en Nínive

1 Veulle de segunda vez a palabra do Señor a Xonás:

2 Érguete, vai a Nínive, a grande cidade, e proclámalle a mensaxe que eu che dei.

3 Xonás ergueuse e marchou a Nínive, conforme á palabra do Señor. Nínive era unha cidade enormemente grande, de tres días para atravesala.

4 Xonás comezou a entrar na cidade o camiño dun día e predicaba así: Dentro de corenta días Nínive será destruída.

5 Os homes de Nínive creron en Deus e proclamaron o xaxún. Vestíronse de saco desde o máis grande ó máis pequeno.

6 A mensaxe chegou tamén ó rei de Nínive, que se ergueu do seu trono, quitou os seus vestidos rexios, cubriuse de saco, sentouse no po,

7 e fixo proclamar e impoñer en Nínive coma decreto do rei e dos seus grandes: Homes e animais, vacas e ovellas non proben nada, non pazan nin beban auga;

8 cúbranse de saco homes e animais, e clamen con forza a Deus. Convértase cada un do seu mal camiño e da violencia que se lle apegou ás mans.

9 Quen sabe? Quizais Deus cambie de parecer, se compadeza, apague o incendio da súa ira e así non perezamos.

10 Viu Deus as súas obras, como se convertían do seu mal camiño, e arrepentiuse do mal que dixera que lles ía facer, e non llelo fixo.

Lean sinn:



Sanasan