Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Xoel 3 - Biblia SEPT


II. O DÍA DO SEÑOR Tempo salvífico pola efusión do Espírito

1 Despois disto sucederá que verterei o meu Espírito sobre toda carne, e os vosos fillos e mais as vosas fillas converteranse en profetas. Os vosos anciáns soñarán soños, os vosos mozos verán visións.

2 Tamén sobre os servos e mais as servas verterei naqueles días o meu Espírito.

3 Farei prodixios no ceo e mais na terra: sangue, lume e columnas de fume.

4 O sol cambiarase en escuridade e a lúa en sangue, ante a chegada do día do Señor, do día grande e terrible.

5 Pero sucederá que todo aquel que invoque o nome do Señor se salvará, pois no monte Sión e en Xerusalén será dado o perdón —tal como o prometeu o Señor— e tamén para os fuxitivos que chame o Señor.

Lean sinn:



Sanasan