Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Xeremías 37 - Biblia SEPT


Sedecías. Introdución: xuízo xeral sobre el

1 O rei Sedecías, fillo de Ioxías, reinou en vez de Ieconías, fillo de Ioaquim, xa que Nabucodonosor, rei de Babilonia, o constituíu rei no país de Xudá.

2 Pero ninguén fixo caso das palabras que o Señor comunicou por medio do profeta Xeremías: nin el nin os seus ministros nin os terratenentes.

3 O rei Sedecías mandou a Iehucal, fillo de Xelemías, e ó sacerdote Sefanías, fillo de Maseías, a dicirlle a Xeremías: Se fas o favor, reza ó Señor, noso Deus, por nós.

4 Naquel entón Xeremías andaba libremente entre o pobo, pois aínda non o meteran no cárcere.


Resposta do profeta á embaixada de Sedecías

5 Daquela as tropas do Faraón saíron de Exipto, e tan pronto como os caldeos, que estaban cercando Xerusalén, oíron a noticia, levantaron o cerco de Xerusalén.

6 Entón veulle a palabra do Señor ó profeta Xeremías nestes termos:

7 —Así fala o Señor, Deus de Israel: así tedes que lle falar ó rei de Xudá, que vos mandou onda min para que eu consultase: velaquí as tropas do Faraón que saíron para axudarvos, pero volveran ó seu país de Exipto.

8 E os caldeos darán volta e loitarán contra esta cidade, tomarana e prenderanlle lume.

9 Así fala o Señor: Non levantedes os vosos ánimos dicindo: "De seguro que os caldeos marchan da nosa presenza". Porque non marcharán.

10 Aínda que derrotásedes a todos os exércitos dos caldeos que loitan contra vós, de xeito que non quedase máis que soldados acoitelados, cada un deles ergueríase da súa tenda e prenderíalle lume a esta cidade.


Xeremías na cadea

11 Cando o exército dos caldeos levantou o cerco de Xerusalén a causa da presenza do exército do Faraón,

12 saíu Xeremías de Xerusalén para ir á rexión de Benxamín, a fin de asistir ó reparto dunha herdanza entre o pobo.

13 O chegar el á porta de Benxamín, xa estaba tamén alí o xefe da inspección, chamado Ierías fillo de Xelemías, que prendeu ó profeta Xeremías, dicíndolle: —Ti estaste pasando ós caldeos.

14 Xeremías repuxo: —Mentira! Non me estou pasando ós caldeos. Pero Ierías non lle fixo caso e prendeu a Xeremías, e levouno xunto ás autoridades.

15 As autoridades anoxáronse con Xeremías, fixérono azoutar e metérono na cadea, na casa de Ionatán, o escribán, pois tíñana convertida en cárcere.

16 Así entrou Xeremías no interior da cisterna, nas bóvedas. Alí estivo vivindo Xeremías moito tempo.


Consulta secreta de Sedecías e mellora da prisión do profeta

17 O Rei Sedecías mandouno buscar, e interrogouno en secreto na súa casa: —Hai algunha palabra de parte do Señor? Respondeulle Xeremías: —Si. E engadiu: —Serás entregado no poder do rei de Babilonia.

18 Díxolle Xeremías ó rei Sedecías: —Que delito cometín contra ti, ou contra os teus servidores ou contra este pobo, para que me metades no cárcere?

19 Onde están os vosos profetas que vos profetizaron dicindo: "O rei de Babilonia non virá contra nós nin contra este país".

20 Pois agora, meu señor, meu rei, escóitame, por favor. Que a miña súplica sexa ben acollida na túa presenza, non permitas que volva á casa de Ionatán, o escribán, non permitas que eu morra alí.

21 Entón o rei Sedecías deu a orde de que detivesen a Xeremías no patio de garda e de que lle desen ó día unha bola de pan —da Rúa dos Panadeiros—, ata que se acabase o pan da cidade. Deste xeito viviu Xeremías no patio da garda.

Lean sinn:



Sanasan