Xénese 10 - Biblia SEPTTáboa dos pobos 1 Estes son os descendentes dos fillos de Noé, nacidos despois do diluvio. 2 Descendentes de Iafet: Gomer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás. 3 Descendentes de Gomer: Axcanaz, Rifat e Togarma. 4 Descendentes de Iaván: Eliseo, Tarxix, os Quitim e os Dodanim. 5 Deles descenden os pobos marítimos, cada un na súa terra e coa súa lingua, por familias e por nacións. 6 Descendentes de Cam: Cux, Exipto, Put e Canaán. 7 Descendentes de Cux: Sebá, Havilah, Sabtah, Ramah e Sabtecá. Descendentes de Ramah: Xebá e Dedán. 8 Cux tivo a Nimrod, que empezou a facer valentías na terra. 9 Foi un cazador valente á vista do Señor, segundo o dito que corre: —"Cazador valente á vista do Señor, coma Nimrod". 10 Empezou sendo rei de Babel, Érec, Acad e Calneh, no país de Xinar. 11 De alí emigrou para Asur e construíu Nínive, Rehobot-Ir, Calah 12 e Resen, a grande cidade entre Nínive e Calah. 13 Exipto xerou os lidios, os anamitas, os lehabitas, os naftuhitas, 14 os patrusitas, os casluhitas e os caftoritas, dos que veñen os filisteos. 15 Canaán xerou a Sidón, seu primoxénito, a Het, 16 ós iebuseos, ós amorreos, ós guirgaxitas, 17 ós hivitas, ós arquitas, ós sinitas, 18 ós arvaditas, ós semaritas e ós hamatitas. Despois os clans dos cananeos estendéronse e 19 As súas fronteiras abranguían desde Sidón, cara a Guerar, ata Gaza, incluíndo tamén Sodoma, Gomorra, Ademah Seboim preto de Laxa. 20 Estes foron os descendentes de Cam por clans e linguas, nas súas respectivas terras e nacións. 21 Tamén Sem tivo descendentes; o irmán máis vello de Iafet foi o pai de todos os heberitas. 22 Descendentes de Sem: Elam, Asur, Arfaxad, Lud e Aram. 23 Descendentes de Aram: Us, Hul, Guéter e Max. 24 Arfaxad tivo a Xálah e este a Héber. 25 Héber tivo dous fillos: o primeiro chamábase Péleg, por razón de que nos seus días se dividiu a xente da terra; seu irmán chamábase Ioctán. 26 Ioctán xerou a Almodad, a Xelef, a Haarmot, a 27 Iárah, a Hadoram, a Uzal, a Diolah, 28 A Obal, a Abimael, a Xebá, 29 A Ofir, a Havilah e a Iobab. Todos estes eran fillos de Ioctán. 30 Habitaban na montaña oriental, desde Mexá ata Sefar. 31 Estes foron os fillos de Sem, segundo as súas familias, linguas, países e nacións. 32 Estes foron os clans dos fillos de Noé, segundo as súas liñaxes nas propias nacións; e desde elas espalláronse os pobos pola terra, despois do diluvio. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)