Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Tito 3 - Biblia SEPT


Consellos ós fieis

1 Recórdalles que se sometan ás autoridades, que as obedezan, que estean dispostos para toda obra boa.

2 Que non difamen a ninguén, que sexan pacíficos, xustos, amables con todo o mundo.

3 Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos de odio uns para os outros.

4 Pero cando apareceu a bondade e a humanidade de Deus, o noso Salvador,

5 salvounos non polas obras boas que nós fixemos, senón pola súa misericordia, por medio do baño do novo nacemento e polo poder renovador do Espírito Santo.

6 Ese Espírito que verteu sobre nós con abundancia, por Xesús Cristo, noso Salvador,

7 A fin de que, xustificados pola súa graza, nos fixésemos herdeiros da vida eterna, conforme á esperanza.


Últimas recomendacións

8 Esta é doutrina certa. E eu quero que ti te afinques nela, para que os que creron en Deus se dediquen a practicar as boas obras. Isto é bo e útil para todos.

9 Desbota, en troques, as pescudas extravagantes, as xenealoxías, as rifas, as polémicas sobre a Lei: son inútiles e sen substancia.

10 O causante de divisións repréndeo unha vez ou dúas. Despois prescinde del,

11 tendo ben sabido que ese tal é un perverso e peca, condenándose el mesmo.

12 Cando cheguen onda ti Artemás ou Tíquico, apura a vir onda min a Nicópolis, porque decidín pasar alí o inverno.

13 Dálles o preciso para a viaxe ó avogado Zenas e mais a Apolo para que non lles falte nada.

14 Aprendan os nosos a faceren o ben atendendo as necesidades urxentes e así non serán improdutivos.


Saúdo final

15 Mándanche recordos todos os que están comigo. Dálles saúdos a todos os amigos na fe. A graza vos acompañe a todos.

Lean sinn:



Sanasan