Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Tito 1 - Biblia SEPT


Saúdo

1 Paulo, servidor de Deus e apóstolo de Xesús Cristo, para levar os escolleitos de Deus á fe e mais ó coñecemento da verdade, que é conforme á piedade verdadeira

2 e que se apoia na esperanza da vida eterna. Deus, que non mente, prometera xa antes de todos os tempos esa vida

3 e ó tempo debido cumpriu publicamente á súa palabra pola predicación, que se me confiou, por mandato do noso Salvador Deus.

4 A Tito, meu fillo lexítimo na fe común, deséxoche a graza e a paz de Deus, Pai de Cristo Xesús, o noso Salvador.


Tito, "bispo" da illa de Creta

5 Deixeite en Creta, para que seguises endereitando o que faltaba e para que nomeases responsables en cada vila, tal como che prescribín eu:

6 teñen que ser xente honesta, homes dunha soa muller, que teñan fillos crentes, non acusados de mala conduta ou desobedientes.

7 Porque cómpre que o responsable sexa sen tacha, coma administrador de Deus: nin soberbio, nin iracundo, nin insolente, nin camorristas, nin amigo dos cartos;

8 senón hospitalario, amigo do ben, asisado, xusto, santo, e dono de si,

9 que se afinque na palabra certa conforme lla ensinaron para que sexa capaz de exhortar pola doutrina verdadeira e de convencer os que sosteñen a contraria.

10 Porque hai moitos rebeldes, paroleiros, mentiráns, maiormente entre os da circuncisión.

11 Cómpre facelos calar, porque perverten familias enteiras, ensinando o que non deben, nada máis que por gañaren cartos.

12 Xa un deles (e téñeno por profeta) dixo: "Cretenses: menten sempre, malas bestas, galbáns ventres".

13 E este dito saíu certo. Por esta razón repréndeos con severidade, para que cheguen a ter unha fe sa

14 e para que non lles fagan caso a mitos xudaicos nin a mandamentos de homes que se afastan de verdade.

15 Todas as cousas son limpas para os limpos; en troques, para os contaminados e incrédulos nada non é limpo; teñen mesmo contaminadas a mente e mais a conciencia.

16 Afirmaban coñecer a Deus pero coas obras renegan del, sendo abominables, desobedientes e incapaces para toda obra boa.

Lean sinn:



Sanasan