Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 74 - Biblia SEPT


(73) Ruínas que fan chorar
1 Poema de Asaf.

1 Poema de Asaf. Por que, Deus, nos rexeitas? Será por sempre? Por que se inflama a túa ira coas ovellas do teu rabaño?

2 Acórdate da comunidade que desde antigo adquiriches, do pobo que rescataches para a túa posesión, do monte Sión, onde fixeches a túa morada.

3 Dirixe os teus pasos cara ás eternas ruínas: no teu santuario todo o arrasou o inimigo.

4 Os teus adversarios roxen no lugar das asembleas e levantan alí os estandartes.

5 Son coma os que branden o machado na madeira:

6 nun intre esnaquizan todas as súas portas, con machado e martelo.

7 Puxeron lume ó teu santuario, arrasaron e profanaron a morada do teu nome.

8 Din entre si: —"Acabemos con eles", e queiman todos os santuarios do país.

9 Nós non vemos sinais nin existe un profeta, e ninguén de entre nós sabe por canto tempo aínda.

10 Ata que día, Deus, nos asoballará o opresor? Aldraxarán por sempre os inimigos o teu nome?

11 Por que arredas a túa man e retés a túa dereita no seo?

12 Pero ti, Deus, es desde sempre o meu rei, o que obras liberacións en toda a terra.

13 Ti fendes o mar co teu poder e nas augas, a cabeza dos dragóns.

14 Ti esmágaslle a cabeza ó Leviatán e bótasllelo ós monstros mariños de comida.

15 Ti abres fontes e regachos e secas ríos caudais.

16 Teu é o día e túa a noite, ti estableciches a lúa e mais o sol.

17 Ti marcácheslle ó mundo as súas fronteiras, Fixeches o verán e o inverno.

18 Recorda, Señor, que os inimigos te aldraxan, que xente insensata maldí o teu nome.

19 Non lles entregues ós voitres a vida da túa pomba, non te esquezas por sempre da vida dos teus pobres.

20 Fíxate na túa alianza; todos os recantos da terra son tobos de violencia.

21 Que non acaben na vergonza os oprimidos: os humildes e os pobres loarán o teu nome.

22 Érguete, Deus, defende a túa causa, recorda as continuas aldraxes dos necios;

23 non esquezas as voces dos inimigos, o tumulto crecente dos que se rebelan contra ti.

Lean sinn:



Sanasan