Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 73 - Biblia SEPT


(72) A sorte dos malvados
1 Salmo de Asaf.

1 Salmo de Asaf. Que bo é Deus cos rectos e cos limpos de corazón!

2 Mais eu por pouco non esvaro, por nada os pés non se me van,

3 por envexa dos fatos, á vista da prosperidade dos malvados.

4 Eles non sofren contratempos, forte e san teñen o seu corpo;

5 non teñen parte nas miserias dos humanos nin padecen cos demais.

6 Por iso a soberbia é o colar que os adorna; a violencia, a capa que os cobre.

7 O seu corpo graxento deita maldade, pola súa mente anda a presunción.

8 Falan con retranca e con malicia, ameazan desde o alto coa opresión.

9 Poñen no ceo a súa boca, a súa lingua percorre a terra.

10 Por iso o pobo vaise con eles e bebe os seus ditos.

11 Eles din: —"Que sabe Deus? Ten coñecemento o Altísimo?"

12 Así son os malvados, sempre en paz, crecendo en poder.

13 Entón, para nada gardo eu limpo o corazón e manteño puras as mans.

14 O día enteiro sufro golpes, escarmentos cada mañá.

15 Pero se dixese: —"Vou falar igual ca eles", sería traidor á liñaxe dos teus fillos.

16 Meditei para ver se o entendía, mais parecíame moi penoso;

17 Ata que entrei no santuario dos deuses e me decatei de cal sería a súa fin.

18 Ti pólos, en verdade, no esvaradoiro, precipítalos na ruína.

19 Como son destruídos nun instante; sucumben e perecen de espanto!

20 Coma un soño, ó espertar, Señor, así cando te ergues desprezas ti as súas figuras.

21 Se o meu corazón estaba amargado e tiña un cravo nas entrañas,

22 é que era parvo e sen entendemento, coma unha besta diante de ti.

23 Mais eu estou sempre contigo e ti cóllesme da dereita.

24 Condúcesme co teu consello e acóllesme con honor.

25 A quen outro teño eu no ceo? Contigo xa nada cobizo na terra.

26 O meu corpo e o meu corazón consumiranse, pero Deus é para sempre a miña rocha e a miña sorte.

27 Os que se arredan de ti vense perdidos: ti consomes ós que de ti renegan.

28 O meu ben é estar cerca de Deus: eu busco en ti, Señor, o meu refuxio e canto as túas obras.

Lean sinn:



Sanasan