Salmos 61 - Biblia SEPT(60) O agarimo das túas ás 1 Do mestre do coro, con instrumentos de corda. De David. 2 Escoita, Deus, a miña súplica, atende a miña oración. 3 Chámote desde o cabo da terra co corazón desfalecido. Lévame a unha rocha inaccesible: 4 ti es o meu refuxio, a miña torre forte fronte ó inimigo. 5 Quixera vivir por sempre na túa tenda, esconderme ó agarimo das túas ás. 6 Ti, Deus, acolles os meus votos e dásme o herdo dos que respectan o teu nome. 7 Os días do rei engádelle días, que dure por longas xeracións; 8 que na presenza de Deus reine por sempre, que o garden o seu amor e a súa fidelidade. 9 Eu cantarei sempre o teu nome, cumprirei a cotío os meus votos. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)