Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 60 - Biblia SEPT


(59) Pobo rexeitado, en desfeita

1 Do mestre do coro, coa cítara de Xuxán, edut. Poema de David, para ensino.

2 Cando loitou contra Aram Naharaim e contra os arameos de Zoba e bateu os edomitas no Val do Sal: doce mil homes.

3 Ti tesnos, Deus, rexeitados e fendidos, estás irado connosco. Restablécenos.

4 Fixeches tremer a terra, fendíchela; repara as súas fendas, porque cambalea.

5 Ti fixéchesllas pasar duras ó teu pobo, déchesnos a beber viño atordante.

6 Dálles un sinal ós que te temen e que poidan fuxir da frecha;

7 para que poidan librarse os teus amigos, respóndenos coa salvación da túa dereita.

8 O Deus santo tiña dito: —"Cantarei triunfo, partirei Xequem e parcelarei o val de Succot;

9 meu é Galaad, meu Menaxés helmo da miña cabeza Efraím e Xudá o meu cetro;

10 Moab é a talla en que me baño, sobre Edom poño as sandalias e canto triunfo sobre Filistea".

11 Quen me levará a unha praza forte? Quen me guiará ata Edom?

12 Quen, se non ti, Deus, que nos rexeitaches, o Deus que non sae co noso exército?

13 Axúdanos ti no apuro, pois a axuda do home é va.

14 Con Deus faremos fazañas, el esmagará os nosos opresores.

Lean sinn:



Sanasan