Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 59 - Biblia SEPT


(58) Líbrame dos malfeitores

1 Do mestre do coro. Poema de David. Cando Xaúl mandou cercar a casa para matalo.

2 Líbrame, Deus, dos meus inimigos, deféndeme dos que se erguen contra min;

3 líbrame dos malfeitores, sálvame dos sanguinarios.

4 Olla como me axexan e traman contra min os poderosos;

5 sen que haxa en min, Señor, pecado nin delito, sen maldade en min, axítanse, baldoan. Esperta, ven e ve.

6 Ti, Señor, Deus dos exércitos, Deus de Israel, esperta, castiga as xentes, non te apiades dos traidores.

7 Veñen ó escurecer, ladrando coma cans, roldando pola cidade.

8 Olla como fachendean, son coitelos os seus labios: —"Hai alguén que escoite?".

9 Mais ti, Señor, búrlaste deles, mófaste de todos os xentís.

10 Cara a ti, miña forza, estou atento, pois Deus é o meu castelo.

11 O Deus que me ama adiántase e móstrame os meus inimigos en desfeita.

12 Non lles darás ti morte, para que o meu pobo non me esqueza? Dispérsaos, abáteos co teu poder, Señor o noso escudo.

13 As palabras dos seus labios son delito na súa boca. Que se vexan atrapados na súa mesma soberbia, nas mentiras e nas maldicións que eles botan.

14 Consúmeos con noxo, consúmeos, que non existan. Saberase que Deus domina en Israel, e ata os confíns da terra.

15 Veñen ó escurecer, ladrando coma cans, roldando pola cidade.

16 Xiran buscando que comer, ouvean ata fartarse.

17 Eu festexarei o teu poder, cantarei de mañá o teu amor. Ti es o meu refuxio, o meu agarimo, na hora do apuro.

18 Cantareiche a ti, miña forza: Deus é o meu agarimo, o Deus do meu amor.

Lean sinn:



Sanasan