Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 56 - Biblia SEPT


(55) Do meu peregrinar ti levas conta

1 Do mestre do coro, segundo Ionat élem rehoquim. Poema de David. Cando os filisteos o tiñan preso en Gat.

2 Apiádate, Deus, de min, que me asoballan, que me atacan e me oprimen todo o día;

3 Asobállanme o día enteiro os inimigos, son moitos os que me atacan.

4 Cando o terror me colle, eu confío en ti.

5 En Deus, de quen celebro a promesa, en Deus confío e non temo, que poden facerme os homes?

6 Aflíxenme o día enteiro, os seus proxectos son todos para mal.

7 Póñense ó axexo, esculcan os meus pasos, en busca da miña vida.

8 Escaparán á súa maldade? Abate, Deus, os pobos con asaño.

9 Do meu peregrinar ti levas conta: recolle as miñas bágoas no teu odre, Non están xa no teu libro?

10 Os meus inimigos recuarán o día en que eu te chame: eu ben sei que Deus está por min.

11 En Deus, de quen celebro a promesa, no Señor, de quen celebro a palabra,

12 en Deus confío e non temo, que poden facerme os homes?

13 Quero pagar, Deus, os votos que che fixen, eu cumprirei a acción de grazas.

14 Ti libras da morte a miña vida, os meus pés dos tropezos, e podo camiñar na túa presenza á luz dos que están vivos.

Lean sinn:



Sanasan