Salmos 54 - Biblia SEPT(53) A miña axuda 1 Do mestre do coro, con instrumentos de corda. Poema de David. 2 Cando viñeron os de Zif dicirlle a Xaúl: David escóndese onda nós 3 Sálvame, Deus, polo teu nome, co teu poder defende a miña causa. 4 Escoita, Deus, a miña súplica, atende a miña palabra. 5 Érguense contra min homes soberbios, homes violentos buscan a miña vida, sen teren a Deus en conta. 6 Mais Deus é a miña axuda, o Señor é quen sostén a miña vida. 7 Recaia a desgraza sobre os meus perseguidores, extermínaos, pola túa fidelidade. 8 Eu ofrecereiche gustoso sacrificios, loareite, Señor, porque es bo. 9 Ti líbrasme de todos os apuros e móstrame os inimigos en desfeita. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)