Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 52 - Biblia SEPT


(51) Malos e bos terán a súa recompensa

1 Do mestre do coro. Poema de David.

2 Cando veu Doeg, o edomita, onda Xaúl para lle dicir: David está na casa de Abimélec.

3 Que gloria atopas na maldade, home potente e desapiadado?

4 Pasas o día a tramar crimes, a túa lingua é coma navalla afiada, ti, artífice do engano.

5 Prefires o mal ó ben, a mentira á palabra xusta;

6 gustas das conversas que corroen, ti, lingua embusteira.

7 Por iso Deus hate destruír enteiramente: hate coller e botar da túa tenda, arrincarache a raíz da terra da vida.

8 O velo, os xustos crerán, e farán a burla del:

9 —"Este é o valente que non buscaba en Deus refuxio. Confiaba nas súas riquezas, facíase forte nos seus crimes".

10 Mais eu son oliveira verde na casa do Señor. Confío no amor de Deus polos séculos, por sempre.

11 Loarei decote os teus feitos, esperarei no teu nome, porque ti es bo cos amigos.

Lean sinn:



Sanasan