Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 5 - Biblia SEPT


Os que agardan xustiza

1 Do mestre do coro, con frautas. Salmo de David.

2 Escoita, Señor, a miña palabra, atende a miña queixa.

3 Oe o balbordo dos meus xemidos, ti, meu rei e meu Deus. A ti dirixo, Señor, a miña súplica,

4 de mañá escoitarás a miña voz; de mañá presentareiche a miña causa e quedarei agardando.

5 Ti non es un Deus que queira a maldade: non lles dás hospedaxe ós malvados

6 nin os soberbios se sosteñen ante ti. Aborreces os malfeitores

7 e perdes os mentireiros; ós falsos e sanguinolentos abomínaos o Señor.

8 Mais eu, pola túa moita bondade, podo entrar na túa casa. Prostrareime diante do teu templo, cheo do teu temor.

9 Guíame, Señor, na túa xustiza; por causa dos meus inimigos, achanza ante min o teu camiño.

10 Na súa boca non hai sinceridade, por dentro están corrompidos. A súa gorxa é sartego aberto e a súa lingua aloumiñeira.

11 Castígaos ti, Señor, que fracase o seu proxecto. Abáteos polos seus moitos crimes, pois son rebeldes contra ti.

12 Alegraranse os que a ti se acollen, terán un xúbilo eterno. Protéxeos ti e alégrense contigo os que aman o teu nome.

13 Ti, Señor, bendís ós xustos, cóbrelos co teu favor, coma escudo.

Lean sinn:



Sanasan