Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 45 - Biblia SEPT


(44) Unha cántiga para o rei

1 Do mestre do coro, con cítolas de Xuxán. Poema dos coreítas. Cántiga de amor.

2 No meu corazón bole unha palabra fermosa: vou recitar unha cántiga para o rei; a miña lingua é lixeira, coma pluma de escribán.

3 Ti es o máis fermoso dos nacidos de home, os teus labios deitan a graza; por iso Deus te bendí para sempre.

4 Cingue, valente, a túa espada, ela é o teu brillo e a túa gloria.

5 A túa gloria está en loitar pola verdade e pola xustiza; os teus adornos son os escarmentos da túa dereita.

6 As túas setas son agudas: diante de ti caen os pobos e no medio deles os inimigos do rei.

7 O teu trono, coma o de Deus, é duradeiro, un cetro de equidade, o teu cetro real.

8 Ti amas a xustiza e aborreces a iniquidade; por iso Deus te unxiu con óleo de alegrías, entre os teus compañeiros.

9 A mirra, áloe e acacia recenden os teus vestidos, en pazos de marfil alégrante as arpas.

10 Fillas de reis tes por amigas, e á túa dereita, a raíña, con ouro de Ofir.

11 Escoita, filla; olla e atende: esquece o teu pobo e a casa de teu pai.

12 O rei está engaiolado da túa fermosura: réndete a el, pois el é o teu señor.

13 Os de Tiro veñen con presentes, os próceres dos pobos buscan o teu favor.

14 Entra con todo o honor dunha princesa, bordados en ouro os seus vestidos;

15 con variado atavío é conducida ó rei, acompañada polas súas doncelas. Preséntante as amigas,

16 condúcente con xúbilo algareiro, introdúcente no pazo do rei.

17 No canto de teus pais terás os teus fillos e poralos por príncipes da terra.

18 Eu farei que por xeracións se recorde o teu nome, e que por séculos te loen as nacións.

Lean sinn:



Sanasan