Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 43 - Biblia SEPT


(42) A miña alma ten sede

1 Faime xustiza, Deus; defende a miña causa da xente sen piedade; líbrame do home falso e perverso.

2 Ti es o meu Deus e o meu refuxio. Por que, pois, me rexeitas? Por que terei que andar penando asoballado polo inimigo?

3 Manda a túa luz e a túa verdade, que elas me guiarán; levaranme ó teu monte santo, á túa mesma morada.

4 Achegareime ó altar de Deus, o Deus da miña alegría, e loareite ó son da cítola, Deus, o meu Deus.

5 Por que desacougas, miña alma, e por que andas inqueda? Espera en Deus. Volverei aínda a loalo: a miña salvación, o meu Deus.

Lean sinn:



Sanasan