Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 4 - Biblia SEPT


O home xusto non ten medo

1 Do mestre do coro, con instrumentos de corda. Salmo, de David.

2 Cando te chame, respóndeme, Deus, meu liberador; ti que na angustia me consolas, apiádate e escoita a miña oración.

3 Ata cando, homes, aldraxaredes o meu nome, Amaredes vaidade e buscaredes o engano?

4 Sabede que o Señor fai milagres co seu amigo, que o Señor me escoita, cando o chamo.

5 Tremede e non pequedes, meditade nos vosos leitos e calade;

6 ofrecede sacrificios xustos e confiade no Señor.

7 Moitos din: —"Quen nos mostrará a felicidade, se fuxiu de nós, Señor, a luz da túa presenza?"

8 Ti pos no meu corazón maior ledicia cá dos que teñen fartura de trigo e de viño.

9 En paz déitome e logo adormezo, porque só ti, Señor, me dás seguridade.

Lean sinn:



Sanasan