Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 39 - Biblia SEPT


(38) A medida dos meus días

1 Do mestre do coro, segundo Iedutún. Salmo de David.

2 Propúxenme coidar do meu comportamento, non errar coa miña lingua, gardar con freo a miña boca, namentres o impío está diante.

3 Afundinme no silencio, calei diante da sorte, pero a miña dor recruou.

4 O corazón ardíame por dentro, o meu cavilar botaba lume, e deixei libre a miña lingua.

5 Móstrame, Señor, cal é o meu porvir, cal a medida dos meus días, para que entenda o efémero que son.

6 Déchesme vida de poucos palmos, a miña existencia é unha nada ante ti. Como moito, é un sopro o que dura un home.

7 Vaise coma unha sombra. Axítase para nada, atesoura sen saber para quen.

8 E agora, Señor, que esperanza me queda? A miña confianza está en ti.

9 Líbrame ti dos meus pecados, non me expoñas á burla dos parvos.

10 Eu calo; non quero abrir a boca, pois es ti quen actúa.

11 Arreda os teus golpes de min, pois desfaime o furor da túa man.

12 Ti castigas os homes para escarmento e como a traza roes a súa fermosura: soamente un sopro son os homes.

13 Escoita, Señor, a miña oración, atende a miña queixa e non fagas o xordo ás miñas bágoas. Eu son para ti un forasteiro, un peregrino coma os meus antepasados.

14 Deixa de espreitarme, para que poida alentar, antes de que me vaia e non exista.

Lean sinn:



Sanasan