Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 3 - Biblia SEPT


Axuda certa

1 Salmo, de David. Cando fuxía do seu fillo Abxalom.

2 Señor, moitos son os meus opresores, moitos os que se levantan contra min,

3 moitos os que din de min: —"Non ten salvación de Deus".

4 Mais ti es, Señor, o meu escudo, a miña gloria e o meu triunfo.

5 Chamo a berros polo Señor, e El respóndeme desde o seu monte santo.

6 Déitome, durmo e acordo, e, namentres, sostenme o Señor.

7 Non teño medo á multitude que está arredor contra min.

8 Érguete, Señor; sálvame, meu Deus. Ti dáslles na cara ós meus inimigos e rómpeslles os dentes ós malvados.

9 Ti tes, Señor, a salvación e a bendición para o teu pobo.

Lean sinn:



Sanasan