Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 29 - Biblia SEPT


(28) Linguaxe da tempestade
1 Salmo de David.

1 Salmo de David. Tributádelle ó Señor, fillos de Deus, tributádelle ó Señor honor e forza;

2 tributádelle ó Señor o honor do seu nome, adorade ó Señor con ornamento sagrado.

3 Unha voz: "O Señor sobre as augas, o Deus glorioso fai tronar, o Señor sobre as moitas augas".

4 Unha voz: "O Señor no seu poder". Unha voz: "O Señor na súa maxestade".

5 Unha voz: "O Señor tronza os cedros, tronza o Señor os cedros do Líbano;

6 fai choutar, coma un becerro, o Líbano, o Sirión coma un antílope".

7 Unha voz: "O Señor fai lostregar".

8 Unha voz: "O Señor estarrece o deserto, estarrece o Señor o deserto de Cadex".

9 Unha voz: "O Señor retorce os carballos e arrinca os arboredos. No seu santuario todo di: Gloria!

10 O Señor pon o asento sobre as augas, pon asento de rei eterno.

11 O Señor dálle forza ó seu pobo, o Señor bendí ó seu pobo coa paz".

Lean sinn:



Sanasan