Salmos 26 - Biblia SEPT(25) Invocación do inocente 1 De David. 1 De David. Faime xustiza, Señor, pois a miña conduta é inocente. Confío no Señor, e non esvararei. 2 Examíname, Señor, e ponme á proba, esculca o meu interior e o meu corazón. 3 Teño ante os ollos a túa misericordia e ando na túa verdade. 4 Non me paro con xente falsa, nin me xunto cos hipócritas; 5 Aborrezo a reunión dos malfeitores, e non sento cos impíos. 6 Purifico, Señor, as miñas mans e dou voltas arredor do teu altar, 7 proclamando a túa loanza, contando as túas marabillas. 8 Amo, Señor, a casa onde moras, o lugar onde habita a túa gloria. 9 Non xuntes a miña alma cos pecadores, a miña vida coa xente sanguinaria, 10 que leva o crime nas mans, chea de suborno a súa dereita. 11 A miña conduta é inocente. Sálvame; ten compaixón de min. 12 O meu pé mantense en bo camiño; nas asembleas bendigo ó Señor. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)