Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 20 - Biblia SEPT


(19) Oración polo rei

1 Do mestre do coro. Salmo de David.

2 Que te escoite o Señor na hora do apuro, que te protexa o Deus de Xacob;

3 que do santuario che mande socorro, que te sosteña desde Sión.

4 Lembre as túas ofrendas, gústenlle os teus sacrificios;

5 outórgueche o que queres, cumpra os teus proxectos.

6 Que poidamos nós festexar a túa vitoria e no nome do noso Deus erguer as bandeiras: outórgueche o Señor canto lle pidas.

7 Xa sei que o Señor lle dá a vitoria ó seu unxido, que lle responde desde o seu ceo santo coa forza liberadora da súa dereita.

8 Uns confían nos seus carros, outros na súa cabalería; pero nós invocamos o Señor, noso Deus.

9 Abanéanse eles e caen, mentres nosoutros nos erguemos e quedamos en pé.

10 Dálle, Señor, a vitoria ó rei, escóitanos, cando te chamamos.

Lean sinn:



Sanasan