Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 147 - Biblia SEPT


(146 - 147) Marabillosos feitos

1 Loade o Señor, pois é bo cantarlle ó noso Deus; a loanza élle debida.

2 O Señor reconstrúe Xerusalén e reúne os dispersos de Israel.

3 Sana os corazóns quebrados e venda as súas feridas.

4 Conta as estrelas sen número e chama a cada unha polo nome.

5 O noso Señor é grande e poderoso, para a súa sabedoría non hai medida.

6 O Señor ergue os humildes e abaixa no chan os malvados.

7 Cantádelle ó Señor acción de grazas, tocádelle a arpa ó noso Deus.

8 El cobre o ceo de nubes e dispón a chuvia para a terra; fai saír herba nos montes,

9 dálle ó gando o sustento, ós pitiños dos corvos o que piden.

10 Non pon a súa compracencia na forza do cabalo nin nos riles dos homes o seu contento.

11 O Señor pon o seu contento nos que o temen, nos que confían na súa misericordia.

12 Glorifica ó Señor, Xerusalén, loa o teu Deus, Sión.

13 El reforza os ferrollos das túas portas e bendice os teus fillos no teu seo.

14 Establece a paz nos teus confíns e fártate de flor de trigo.

15 El manda á terra a súa mensaxe e a súa palabra corre lixeira.

16 Produce neve coma la e espalla xeada coma cinsa;

17 esparexe coma faragullas o carambelo e de frío xéanse as augas.

18 Manda a súa palabra e derrétense, sopra co seu alento e corre a auga.

19 El anuncia a Xacob os seus proxectos, os seus estatutos e mandatos a Israel.

20 Non fai así con outros pobos que descoñecen as súas decisións. Aleluia.

Lean sinn:



Sanasan