Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 143 - Biblia SEPT


(142) Por unha terra cha
1 Salmo de David.

1 Salmo de David. Escoita, Señor a miña oración, pola túa fidelidade, atende a miña súplica, respóndeme, pola túa xustiza.

2 Non veñas a xuízo co teu servo, pois ningún home vivo é xusto ante ti.

3 O meu inimigo perségueme de morte, tripa a miña vida polo chan; relégame ás tebras, coma ós xa mortos noutro tempo.

4 O meu espírito encóllese en min, quédame xeado o corazón.

5 Eu recordo os tempos pasados, considero os teus feitos e medito as accións das túas mans.

6 Estendo as mans cara a ti: coma a terra reseca, a miña alma ten sede de ti.

7 Respóndeme axiña, Señor, que me falta o alento. Non me escondas a túa cara, non me asemelle ós que baixan á cova.

8 Faime sentir de mañá o teu favor, pois eu confío en ti. Ensíname que camiño collerei, pois cara a ti alzo a miña alma.

9 Líbrame, Señor, dos meus inimigos, pois eu acóllome a ti.

10 Apréndeme a facer a túa vontade, pois ti es o meu Deus. Que o teu alento bo me guíe por unha terra cha.

11 Polo teu nome, Señor, consérvame a vida, pola túa bondade tírame do apuro:

12 pola túa misericordia destrúe os meus inimigos, extermina os que de morte me perseguen, pois eu son o teu servidor.

Lean sinn:



Sanasan