Salmos 142 - Biblia SEPT(141) Ti coñeces os meus vieiros 1 Poema, de David. Cando estaba na caverna. Pregaria. 2 Clamo a voces polo Señor, cara ó Señor eu suplico; 3 verto diante del a miña queixa, conto diante del o meu apuro. 4 Cando o espírito se me encolle, ti coñeces os meus vieiros. No camiño por onde vou téñenme postas trampas. 5 Miro á dereita para ver, e non hai un coñecido. Non teño onde refuxiarme, non hai quen coide de min. 6 Cara a ti clamo, Señor, e digo: —"Ti es o meu refuxio, a miña sorte na terra da vida". 7 Atende ó meu clamor, pois estou esgotado. Líbrame dos meus perseguidores, pois son máis fortes ca min. 8 Tírame da prisión, e loarei o teu nome. En min veranse os xustos coroados, porque ti cumpres comigo. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)