Salmos 14 - Biblia SEPT(13) Non hai quen faga o ben 1 Do mestre do coro. De David. 1 Do mestre do coro. De David. Pensan os parvos para si: —"Deus non está". Corrompidos, de conduta abominable: non hai quen faga o ben. 2 O Señor observa os homes desde o ceo, para ver se hai algún asisado, algún que pregunte por Deus. 3 Andan todos desviados, por xunto corrompidos; non hai quen faga o ben, non hai sequera un. 4 Pero non aprenderán os malfeitores? Engolen o meu pobo coma pan, sen preguntar polo Señor. 5 Alá treman de pavor, porque Deus está cos xustos. 6 Desprezades o proxecto dos pobres, pero o Señor é o seu refuxio. 7 Quen lle traerá de Sión a salvación a Israel? Cando vire o Señor a sorte do seu pobo, exultará Xacob, alegrarase Israel. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)