Salmos 138 - Biblia SEPT(137) Obra das túas mans 1 De David. 1 De David. Douche as grazas, Señor, de todo corazón, cántoche diante dos anxos; 2 póstrome cara ó teu templo e bendigo o teu nome, polo teu amor e a túa fidelidade. Mesmo máis grande cá túa sona fixeches a túa promesa. 3 Cando te chamo, ti respóndesme e acrecentas as miñas forzas. 4 Daranche as grazas, Señor, todos os reis da terra, cando oian os ditos da túa boca. 5 Cantarán os camiños do Señor, pois grande é a gloria do Señor. 6 Abofé, o Señor é excelso: pon a súa atención nos humildes e coñece os soberbios desde lonxe. 7 Cando me vexo en apuro, ti consérvasme a vida. Contra o furor dos meus inimigos estendes a túa man, a túa dereita libérame: 8 o Señor leva ata o final a miña causa. O teu amor, Señor, é eterno; non abandones as obras das túas mans. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)