Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 137 - Biblia SEPT


(136) A beira dos ríos de Babel

1 A beira dos ríos de Babel sentabámonos e chorabamos, lembrándonos de Sión.

2 Nos salgueiros das ribeiras Penduramos as cítolas,

3 pois os nosos carcereiros pedíannos cántigas e os nosos verdugos himnos alegres: —"Cantádenos cántigas de Sión".

4 Como cantar un canto do Señor estando en terra allea?

5 Se me esquecese de ti, Xerusalén, que seque a miña man dereita;

6 que se apegue a miña lingua ó padal, se deixo de pensar en ti, se non poño a Xerusalén por riba de toda ledicia.

7 Tómalles contas, Señor, ós edomitas do día de Xerusalén, cando dicían: —"Arrasádea, arrasádea, ata os alicerces".

8 Babilonia estragadora, bendito quen che pague co mal que nos fixeches;

9 bendito quen colla os teus pícaros e os estrele contra as pedras.

Lean sinn:



Sanasan