Salmos 132 - Biblia SEPT(131) Elección de David e de Sión 1 Cántiga das subidas. 1 Cántiga das subidas. Señor, tenlle en conta a David as súas moitas aflicións, 2 cando xurou ó Señor e fixo este voto ó Deus de Xacob: 3 —"Non entrarei na miña casa nin subirei ó leito do repouso, 4 non concederei sono ós meus ollos nin acougo ás miñas pálpebras, 5 Ata lle atopar sitio ó Señor, morada ó Deus de Xacob". 6 Oímos dela en Efrátah, atopámola nos campos de Iáar. 7 Entremos na súa morada, prostrémonos perante o estrado dos seus pés. 8 Érguete, Señor, cara á túa mansión, ti e mais a Arca da túa maxestade. 9 Que os teus sacerdotes vistan de festa e os teus devotos relouquen. 10 Por mor do teu servo David, non desdeñes o teu unxido. 11 O Señor xuroulle a David —promesa da que non renega—: —"Prole da túa liñaxe porei sobre o teu trono. 12 Se teus fillos gardan a miña alianza e este precepto que lles ensino, tamén os fillos deles por sempre sentarán no teu trono". 13 O Señor elixiu a Sión e quíxoa por morada: 14 —"Esta será para sempre a miña casa, habitarei nela, porque a quero. 15 Bendicirei as súas provisións, fartarei de pan os seus pobres; 16 vestirei os seus sacerdotes de festa e reloucarán os seus devotos. 17 Alí farei florecer o vigor de David, acendereille ó meu unxido unha lámpada. 18 Cubrirei de confusión os inimigos, mentres brilla sobre el a diadema". |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)