Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 128 - Biblia SEPT


(127) Os fillos, gromos de oliveira
1 Cántiga das subidas.

1 Cántiga das subidas. Ditosos os que temen ó Señor e van polos seus camiños.

2 Cando comes do froito das túas mans, ditoso ti e afortunado.

3 A túa muller é coma parra fecunda no medio da túa casa. Os teus fillos coma gromos de oliveira arredor da túa mesa.

4 Así é bendito quen teme ó Señor.

5 Bendígate o Señor desde Sión, que vexas na prosperidade a Xerusalén todos os días da túa vida,

6 e que vexas os fillos de teus fillos. A paz sobre Israel!

Lean sinn:



Sanasan