Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 127 - Biblia SEPT


(126) O que fai a casa
1 Cántiga das subidas, de Salomón.

1 Cántiga das subidas, de Salomón. Se o Señor non fai a casa, en balde se esforzan os canteiros. Se o Señor non garda a cidade, en balde vixían as sentinelas.

2 En balde vós madrugades e tardades en deitarvos: comedes pan de traballos, cando el llelo dá ós seus amigos mentres dormen.

3 Os fillos son a herdanza do Señor; o froito do ventre, o seu xornal.

4 Coma as setas na man do guerreiro, así os fillos da mocidade.

5 Feliz quen encheu deles a súa alxaba: non se verá avergonzado cando discuta cos inimigos na praza.

Lean sinn:



Sanasan