Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 126 - Biblia SEPT


(125) Cando vire a sorte
1 Cántiga das subidas.

1 Cántiga das subidas. Cando vire o Señor a sorte de Sión, estaremos coma en soños.

2 Teremos a boca chea de risos e a lingua de cantares.

3 Os pagáns dirán entón: —"O Señor fai con eles cousas grandes". O Señor fai connosco cousas grandes, estamos cheos de alegría.

4 Vira, Señor, a nosa sorte, coma os regatos no deserto.

5 Os que entre bágoas sementan, entre cantares recollen.

6 Cando van, van chorando os que levan a semente. O viren, veñen cantando os que traen os monllos.

Lean sinn:



Sanasan