Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 124 - Biblia SEPT


(123) O Señor connosco
1 Cántiga das subidas, de David.

1 Cántiga das subidas, de David. Se o Señor non estivese connosco, —que o diga Israel—,

2 se o Señor non estivese connosco, cando se ergueron os homes contra nós,

3 teríannos engulido vivos no incendio da súa ira;

4 As augas xa nos terían asolagado e o torrente pasado sobre nós;

5 xa nos terían mergullado as augas escumantes.

6 Bendito sexa o Señor, que non nos fixo presa dos seus dentes.

7 A nosa vida é coma o paxaro que se zafa da trampa do cazador. Rómpese a trampa, e nós escapamos.

8 O noso socorro está no nome do Señor, que fixo o ceo e mais a terra.

Lean sinn:



Sanasan