Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 122 - Biblia SEPT


(121) Saúdo a Xerusalén
1 Cántiga das subidas, de David.

1 Cántiga das subidas, de David. Alegreime, cando me dixeron: imos para a casa do Señor.

2 Xa están os nosos pés ás túas portas, Xerusalén,

3 Xerusalén, cidade ben feita, de compacta harmonía.

4 Alá soben as tribos, as tribos do Señor, conforme o costume de Israel, para festexar o nome do Señor.

5 Alí están os tribunais da xustiza, a sede da casa de David.

6 Saudade así a Xerusalén: —"Teñan prosperidade os que te queren,

7 que haxa paz nos teus muros e contento nos teus pazos".

8 Por mor de meus irmáns e compañeiros direi eu: —"A paz contigo".

9 Por mor da casa do Señor, o noso Deus, deséxoche todo ben.

Lean sinn:



Sanasan