Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 12 - Biblia SEPT


(11) Aínda virá a hora da xustiza

1 Do mestre do coro, co octacordio. Salmo de David.

2 Salva, Señor, que se acaban os xustos, desaparecen os rectos de entre os homes.

3 Falsidade é o que se din uns ós outros, linguaxe garatuxeira e fraudulenta a que falan.

4 Arrinque o Señor todos os labios aloumiñeiros e as linguas arrogantes dos que din:

5 —"A lingua é a nosa forza, contamos cos nosos labios: quen será o noso dono?".

6 —"Pola opresión dos humildes e os xemidos dos pobres, agora mesmo me levanto —di o Señor—: porei en salvo a todos os que o arelan".

7 Os ditos do Señor son ditos verdadeiros, prata limpa de escoura, sete veces refinada.

8 Ti, Señor, hasnos gardar, librarasnos para sempre desta xente.

9 Irán sen rumbo os malvados, mentres os humildes se erguen.

Lean sinn:



Sanasan