Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 114 - Biblia SEPT


(113 A) A terra danza

1 Cando Israel saíu de Exipto, a familia de Xacob dun pobo estraño,

2 foi Xudá o seu santuario, Israel o seu dominio.

3 Viuno o mar e fuxiu, o Xordán botouse atrás;

4 os montes brincaron coma carneiros, os outeiros coma años.

5 Que che pasa, mar, para fuxires, Xordán, para te botares atrás,

6 montes, para brincardes coma carneiros, e vós, outeiros, coma años?

7 Na presenza do Señor danza a terra, na presenza do Deus Xacob,

8 o que converte o penedo en estanque, a rocha en fonte de augas.

Lean sinn:



Sanasan