Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Salmos 112 - Biblia SEPT


(111) A prosperidade duradeira

1 Aleluia. Ditoso o que teme ó Señor e ten gozo nos seus preceptos.

2 A súa descendencia será forte na terra, a liñaxe dos rectos é bendita.

3 Na súa casa hai bens abondo e a súa prosperidade é duradeira.

4 Nas tebras brilla unha luz para os rectos, os xustos, os misericordiosos e os clementes.

5 Benia quen se apiada e presta, e goberna os seus bens con xustiza.

6 Endexamais non perecerá, pois de eterna lembranza son os rectos.

7 Non terá medo de malas noticias, pois o seu corazón confía no Señor.

8 O seu corazón está firme e sen medo, mentres olla os seus opresores na desfeita.

9 Dálles xenerosamente ós pobres, a súa prosperidade é duradeira: erguerá con honor a súa fronte.

10 O malvado irrítase ó velo, renxe os dentes, ensómese, pois os seus proxectos bótanse a perder.

Lean sinn:



Sanasan