Salmos 11 - Biblia SEPT(10) A cadaquén o seu merecido 1 Do mestre do coro. De David. 1 Do mestre do coro. De David. Eu busco agarimo no Señor, Como ousades aínda dicirme: —"Voa, paxaro, ó teu monte"? 2 Mais os malvados tensan o arco, axustan na corda as setas, para tirar, na escuridade, contra os honrados 3 Se os fundamentos se derruban, que poden facer os xustos? 4 O Señor desde o seu santuario, o Señor desde a súa sede no ceo, axexa cos seus ollos ós homes, escrútaos coas súas pupilas. 5 O Señor proba os xustos, pero aborrece o impío e violento. 6 Fará chover sobre os malvados carbóns acesos e xofre; vento queimante será a súa sorte. 7 O Señor é xusto e ama a xustiza: os rectos gozarán da súa presenza. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)