Salmos 100 - Biblia SEPT(99) Con loanzas e cántigas 1 Salmo, para dar grazas. 1 Salmo, para dar grazas. Aclama ó Señor, terra enteira, 2 servide o Señor con alegría, achegádevos con cántigas á súa presenza. 3 Sabede que o Señor é Deus, que El nos fixo e que del somos, o seu pobo, o seu rabaño. 4 Entrade polas súas portas con loanzas: polos seus adros con cántigas. Celebrádeo e bendicide o seu nome, 5 porque o Señor é bo. O seu amor dura por sempre; por xeracións a súa fidelidade. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)