Qohélet (Eclesiastés) 4 - Biblia SEPTA opresión dos poderosos 1 De novo púxenme a observar todas as opresións que se cometen baixo o sol. E velaquí as bágoas de inocentes, sen que ninguén se apiade; vénlles violencia da banda dos opresores, sen que ninguén se apiade. 2 E felicitei ós mortos que xa finaron máis felices do que os vivos que han vivir aínda, 3 e por riba deles os que nin sequera naceron, pois non ollaron a dura tarefa que acontece baixo o sol. A competencia nos negocios 4 Teño observado que o traballo todo e toda empresa nace da competencia dos uns cos outros. Iso tamén é efémero e papar ventos: 5 "O parvo crúzase de brazos e consúmese a si mesmo", 6 Mais: "Mellor unha man chea, e paz, ca dúas, e traballo", ...e papar ventos. III. A soidade e a compaña 7 Tornei a considerar outra cousa efémera baixo o sol: 8 O caso onde hai un e non hai dous: un home sen fillo nin irmán e, con todo, traballando decote sen se dar farto de riquezas. (E non matina: —"Para quen traballo eu e me privo da felicidade?"). Tamén vos é boa tolemia e esforzo ingrato! 9 Mellor son dous ca un: tirarán bo proveito do traballo de entrambos. 10 Se caen, un pode axudar ó outro. Mais, malia o só! Cando caia non terá quen o erga. 11 E aínda máis: "Dous xuntos a durmir, quecen ben; un só como se quentará?". 12 E: "A un só, pódeselle; dous xuntos, resisten". E: "Corda de tres fíos non se rompe axiña". 13 Máis vale mozo pobre e listo ca rei vello e parvo, que xa non sabe facerse aconsellar. 14 Abofé, aquel sae da cadea para reinar, por máis que nacese pobre durante o reino do outro. 15 E observei a todos os viventes que camiñan baixo o sol pórse da parte do mozo aspirante ó trono que collía a sucesión. 16 Non se contaba a xente diante da que marchaba. E non obstante, os vindeiros xa non irán tan ledos; pois tamén isto é un sopro e papar ventos. IV. O comportamento relixioso 17 Ten conta dos teus pasos cando vaias á casa de Deus: "Achegarse para escoitar é mellor có moito sacrificar dos alpabardas", pois a eses fáltalles siso mesmo para facer o mal. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)