Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Qohélet (Eclesiastés) 11 - Biblia SEPT


Risco e valor na empresa

1 "Envía o teu trigo polo mar, despois de moitos días halo de recobrar!"

2 "Reparte en sete e aínda en oito partes pois non sabes das desgrazas que poden suceder no país".

3 "Cando as nubes van cheas vai descargar a chuvia polo chan". "Caia para o sur ou caia para o norte, onde se deite a árbore alí queda".

4 "Quen moito olla para o vento, non sementa; quen moito olla para as nubes, non colleita".

5 Do mesmo xeito que non coñeces como chega o sopro da vida ós ósos no seo da muller preñada, tampouco sabes ti do obrar de Deus que o fai todo.

6 "Sementa de mañá a túa semente e pola tarde non pouses as túas mans", xa que ignoras cal das dúas sementes vai medrar, nin se as dúas son igual de boas.


XIV. Loanza da vida

7 Doce é a luz, e amable para os ollos ver o sol.

8 Por moitos anos que viva o home, goce deles todos, e lembre os días escuros que tamén serán moitos, pois o futuro é efémero.

9 Fólgate, rapaz novo, na túa mocidade aleda o corazón no tempo da xuventude, sigue os impulsos do teu ánimo e o que cobicen os teus ollos! (Sabendo non obstante que de todo te ha chamar Deus a render conta).

10 Desbota a tristura do teu corazón, arreda o sufrimento do teu corpo! Pois infancia e mocidade son un sopro.

Lean sinn:



Sanasan