Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Oseas 3 - Biblia SEPT


A súa reconciliación onerosa, símbolo do amor do Señor

1 Díxome o Señor: "Volve outra vez, e ama unha muller que ten un querido e comete adulterio". Así é o amor do Señor ós fillos de Israel, mentres eles se están volvendo ós deuses alleos, deléitanse ofrendando tortas de uvas.

2 Entón compreina por quince moedas de prata e por un ómer e máis un létek de cebada

3 e díxenlle: "Durante moitos días vivirás séndome fiel, non te prostituirás nin serás doutro home, e tamén eu mandarei en ti".

4 Por moitos días vivirán os fillos de Israel sen rei e sen príncipe, sen sacrificios e sen estelas, sen efod nin terafim.

5 Despois disto volverán os fillos de Israel, a buscar o Señor, o seu Deus, e a David, o seu rei, e volveranse tremendo de ledicia cara ó Señor e cara ós seus bens ó final dos días.

Lean sinn:



Sanasan