Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Números 7 - Biblia SEPT


As ofrendas dos xefes das tribos de Israel

1 E aconteceu que o día en que Moisés acabou de construír o Tabernáculo e unxilo e mais consagralo con todos os seus utensilios, consagrou tamén o altar con todos os seus utensilios,

2 os príncipes de Israel presentaron unha ofrenda, como cabezas das súas casas patriarcais, isto é, os que eran xefes cando fixeran o censo.

3 Trouxeron como ofrenda ó Señor seis carros cubertos e doce bois, un carro por cada un dos xefes e un boi por cada un, e presentáronos diante do Tabernáculo.

4 O Señor díxolle a Moisés:

5 —"Recibe estas cousas, para que se dediquen ó servizo da Tenda do Encontro, e entrégallelas ós levitas, a cada un conforme o seu oficio".

6 Recibiu Moisés os carros e os bois e déullelos ós levitas.

7 Dous carros e catro bois déullelos ós fillos de Guerxón, conforme ó seu servizo.

8 Os fillos de Merarí entregoulles catro carros e oito bois, tamén de acordo coas necesidades do seu oficio, baixo a autoridade de Itamar, fillo do sacerdote Aharón.

9 Os fillos de Quehat, non obstante, non lles deu nin carro nin bois, porque teñen ó seu cargo transportar nos ombros as cousas máis santas.

10 Os xefes presentaron as súas ofrendas pola dedicación do altar, no día en que foi unxido: cada un presentou as súas ofrendas diante do altar.

11 E díxolle o Señor a Moisés: —"Que os príncipes presenten a súa ofrenda para a dedicación do altar, un cada día".

12 A orde de presentación foi esta: o primeiro día fixo a ofrenda Nahxón, fillo de Aminadab, pola tribo de Xudá.

13 A súa ofrenda foi: unha fonte de prata, que pesaba cento trinta siclos e unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;

14 unha cunca toda de ouro de dez siclos, chea de incenso;

15 un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;

16 un chibo para o sacrificio de expiación;

17 e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos e cinco años dun ano. Toda esta foi a ofrenda de Nahxón, fillo de Aminadab.

18 O segundo día fixo a ofrenda Natanael, fillo de Suar, príncipe de Isacar.

19 Velaquí a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso e unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;

20 unha cunca toda de ouro de dez siclos, chea de incenso;

21 un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto,

22 un chibo para o sacrificio expiatorio polo pecado;

23 e para o sacrificio de comuñón, dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos, cinco años dun ano. Tal foi a ofrenda de Natanael, fillo de Suar.

24 O terceiro día ofrendou Eliab, fillo de Helón, príncipe dos fillos de Zebulón.

25 A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;

26 unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;

27 un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto,

28 un chibo para o sacrificio polo pecado;

29 e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos, cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Eliab, fillo de Helón.

30 O día cuarto presentou Elisur, fillo de Xedeur, príncipe dos fillos de Rubén, a súa ofrenda.

31 A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;

32 unha cunca de ouro de dez siclos chea de incenso;

33 un xovenco, un carneiro dun ano para o holocausto,

34 un chibo para o sacrificio polo pecado;

35 e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi toda a ofrenda de Elisur, fillo de Xedeur.

36 O día quinto ofrendou Selumiel, fillo de Surixadai, príncipe dos fillos de Simeón.

37 A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, conforme ó siclo do santuario, unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada con aceite para a oblación;

38 unha cunca de ouro de lei de dez siclos, chea de incenso;

39 un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto;

40 un chibo para o sacrificio polo pecado;

41 e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco años dun ano. Toda esta foi a ofrenda de Xelumiel, fillo de Surixadai.

42 O día sexto, Eliasaf, fillo de Deuel, príncipe dos fillos de Gad, fixo a súa ofrenda.

43 A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso e unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;

44 unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;

45 un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto;

46 dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano para o sacrificio de comuñón.

47 Toda esta foi a ofrenda de Eliasaf, fillo de Deuel.

48 O día sétimo, Elixamá, fillo de Amihud, príncipe dos fillos de Efraím,

49 fixo a súa ofrenda, que foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme ó siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;

50 unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;

51 un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;

52 un chibo para o sacrificio polo pecado;

53 dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano para o sacrificio de comuñón. Esta foi a ofrenda de Elixamá, fillo de Amihud.

54 O día oitavo, o príncipe dos fillos de Menaxés, Gamaliel, fillo de Pedahsur,

55 presentou a súa ofrenda, que foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada en aceite, para a oblación;

56 unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;

57 un xovenco, un carneiro e un año dun ano, para o holocausto;

58 un chibo para o sacrificio polo pecado;

59 para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco años dun ano. Toda esta foi a ofrenda de Gamaliel, fillo de Pedahsur.

60 O día noveno o príncipe dos fillos de Benxamín, Abidán, fillo de Guideón,

61 fixo a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada en aceite, para a oblación;

62 unha cunca de ouro de dez siclos chea de incenso;

63 un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;

64 un chibo para o sacrificio polo pecado;

65 e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Abidán, fillo de Guideón.

66 O décimo día, o príncipe dos fillos de Dan, Ahiézer, fillo de Amixadai,

67 presentou a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme ó siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada en aceite, para a oblación;

68 unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;

69 un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;

70 un chibo para o sacrificio polo pecado;

71 e para o sacrificio de comuñón, dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Ahiézer, fillo de Amixadai.

72 O undécimo día, o príncipe dos fillos de Axer, Paguiel, fillo de Ocrán,

73 presentou a súa ofrenda: unha fonte de prata, de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada con aceite, para a oblación;

74 unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;

75 un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;

76 un chibo para o sacrificio polo pecado;

77 para o sacrificio da comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Paguiel, fillo de Ocrán.

78 O duodécimo día, o príncipe dos fillos de Naftalí, Ahirá, fillo de Enán,

79 presentou a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme ó siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada en aceite para a oblación;

80 unha cunca de ouro de dez siclos, cheo de incenso;

81 un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;

82 un chibo para o sacrificio polo pecado;

83 e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Ahirá, fillo de Enán.

84 As ofrendas presentadas polos príncipes de Israel con motivo da dedicación do altar, cando foi consagrado, foron estas: fontes de prata, doce; artesas de prata, doce; cuncas de ouro, doce.

85 Cada fonte de prata pesaba cento trinta siclos e cada artesa de prata setenta siclos: en total a prata das fontes e bacías foi de dous mil catrocentos siclos de prata, conforme o siclo do santuario.

86 As doce cuncas de ouro cheas de incenso, todas elas de ouro de lei, en siclos do santuario sumaron un total de cento vinte siclos.

87 A suma dos animais para o holocausto: doce xovencos, doce carneiros, doce años dun ano, coas súas oblacións correspondentes; e para o sacrificio polo pecado, doce chibos.

88 O total dos animais para o sacrificio de comuñón foi de vinte e catro xovencos, sesenta carneiros, sesenta chibos gordos, e sesenta años dun ano. Todo isto con motivo da dedicación do altar despois da súa consagración.

89 Cando Moisés entraba na Tenda do Encontro para falar con Deus, escoitaba a voz que lle falaba desde o propiciatorio, que estaba sobre a Arca do Testemuño, entre os dous querubíns: faláballe desde alí.

Lean sinn:



Sanasan