Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Números 25 - Biblia SEPT


Idolatría de Israel

1 Israel estableceuse en Xitim, e o pobo comezou a fornicar coas fillas de Moab.

2 Estas invitaron o pobo ós sacrificios dos seus deuses, e o pobo comeu e prosternouse diante dos deuses delas.

3 Israel consagrouse a Baal-Peor, e a cólera do Señor acendeuse contra Israel.

4 E díxolle o Señor a Moisés: —"Colle a todos os cabezas de familia do pobo e fainos aforcar en honra do Señor á luz do sol, para que a cólera do Señor se afaste de Israel!"

5 Entón Moisés díxolles ós xuíces de Israel: —"Matade cada un a aqueles dos vosos homes que adoraron a Baal-Peor!"

6 E velaí que un home de entre os israelitas chegou e trouxo onda ós seus irmáns a unha madianita ós ollos de Moisés e á vista de toda a comunidade de fillos de Israel, estando todos eles chorando á entrada da Tenda do Encontro.

7 Véndoo Pinhás, fillo de Elazar, fillo do sacerdote Aharón, ergueuse no medio da comunidade e colleu unha lanza na súa man,

8 entrou detrás do home na súa alcoba e atravesou a ámbolos dous, ó home israelita e á muller, polo baixo ventre. E axiña cesou a praga sobre os fillos de Israel.

9 Agora ben, os mortos na praga foron vinte e catro mil.

10 Díxolle o Señor a Moisés:

11 —"Pinhás, fillo de Elazar, fillo do sacerdote Aharón, desviou o meu furor contra os israelitas, mostrouse celoso por min no medio deles, e así, no meu celo, non aniquilei os fillos de Israel.

12 Por iso di: Mira que eu establezo con el a miña alianza de paz;

13 que constituirá para el e para a súa descendencia unha alianza de sacerdocio perpetuo, en recompensa por se mostrar celoso polo seu Deus e realizar expiación polos fillos de Israel".

14 O nome do israelita morto, xunto coa madianita, era Zimrí, fillo de Salú, xefe dunha casa patriarcal dos simeonitas;

15 e o nome da muller madianita morta era Cozbí, filla de Sur, o cal era xefe nunha casa patriarcal de Madián.

16 O Señor díxolle a Moisés:

17 "Atacade ós madianitas e ferídeos,

18-19 pois eles atacáronvos cos seus enganos que empregaron contra vós no caso de Peor, e no caso de Cozbí, filla dun xefe de Madián, irmá deles, morta o día da praga que sobreveu no caso de Peor".

Lean sinn:



Sanasan