Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Nehemías 10 - Biblia SEPT


Pacto do pobo

1 En consecuencia, nós facemos un pacto firme e poñémolo por escrito. Sobre este texto selado figuran os nosos xefes, levitas e sacerdotes.

2 Firmárono: Nehemías o gobernador, fillo de Hakalías e Sedecías;

3 Seraías, Azarías, Irmeías,

4 Paxhur, Amarías, Malaquías,

5 Hatux, Xebanías, Maluk,

6 Harim, Meremot, Obadías,

7 Daniel, Guinetón, Baruc,

8 Mexulam, Abías, Miiamín,

9 Maazías, Bilgai, Xemaías: tales son os sacerdotes.

10 E os levitas: Iexúa, fillo de Azanía, Binuí de entre os fillos de Henadad, Cadmiel,

11 e os seus irmáns: Xebanías, Hodiías, Quelitá, Pelaías, Hanán,

12 Milá, Rehab, Haxabías,

13 Zacur, Xerebías, Xebanías,

14 Hodiías, Baní, Beninú.

15 Os xefes do pobo: Parox, Pahat—Moab, Elam, Zatú, Baní,

16 Buní, Azgad, Bebai,

17 Adonías, Bigvai, Adín,

18 Ater, Ezequías, Azur,

19 Hodiías, Haxum, Besai,

20 Harif, Anatot, Nebai,

21 Magpías, Mexulam, Hezir,

22 Mexezabel, Sadoc, Yadúa,

23 Pelatías, Hanán, Anaías,

24 Hoxea, Hananías, Haxub,

25 Olohex, Pilhá, Xobeq,

26 Rehúm, Haxabnah, Maseías,

27 Ahías, Hanán,

28 Maluc, Harim, Banah.

29 O resto do pobo, os sacerdotes, levitas, porteiros, cantores, servidores e todos os que se separaran dos pobos dos outros países para serviren á Lei de Deus, as súas mulleres e fillos, todos cantos tiñan uso de razón,

30 uníronse ós seus irmáns, os nobres, e xuraron solemnemente camiñar de acordo coa Lei de Deus dada pola mediación de Moisés, servo de Deus, e levar á práctica todos os preceptos, decretos e mandados do Señor.

31 Por conseguinte, non daremos as nosas fillas ás xentes do país, nin tomaremos as súas fillas para os nosos fillos;

32 se as xentes do país veñen con mercadorías ou calquera xénero de víveres no día de sábado, non lles compraremos cousa mentres dure o sábado e durante os días de festa, e no sétimo ano deixaremos descansar os nosos campos e pagaremos toda clase de débedas.

33 Prometemos ademais dar un terzo de siclo ó ano para o culto do templo do noso Deus,

34 para o pan da presentación, para a ofrenda perpetua, para o holocausto perpetuo, os sábados, comezos de mes, festas, para as cousas consagradas, para os sacrificios de expiación dos pecados de Israel e para toda obra da casa do noso Deus.

35 Nós —os sacerdotes, os levitas e o pobo— botamos as sortes con motivo da ofrenda de leña que hai que levar á casa do noso Deus segundo as nosas familias, nos tempos fixados, ano tras ano, para acender o lume do altar do Señor o noso Deus, segundo está escrito na Lei.

36 Da mesma maneira, deben levarse as primicias dos nosos eidos, as de todos os froitos de toda árbore, cada ano, para a casa do Señor,

37 e os primoxénitos dos nosos fillos e do gando, como está escrito na Lei; así coma os primoxénitos das nosas grandes reses e das pequenas, que se deben levar á casa do noso Deus e ós sacerdotes en función na casa do noso Deus.

38 A mellor parte da nosa fariña, das nosas ofrendas, de toda clase de froitos, do viño e do aceite, débense levar ós sacerdotes, para os almacéns da casa do noso Deus, así como tamén o décimo do noso terreo ós levitas.

39 Un sacerdote, fillo de Aharón, irá canda os levitas, cando estes reciban o décimo, e tamén eles, pola súa banda, apartarán a décima parte do décimo para a casa do noso Deus e levarana ós almacéns da casa do tesouro.

40 Pois tanto os israelitas como os levitas levan as ofrendas de trigo, de viño novo e de aceite ós almacéns, onde están tamén os trebellos do templo, dos sacerdotes que prestan servizo, dos porteiros e dos cantores. Deste xeito, non abandonaremos a casa do noso Deus.

Lean sinn:



Sanasan