Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Nahum 1 - Biblia SEPT

1 Oráculo contra Nínive. Libro das visións de Nahúm, o elcuxita.


Himno ó poder do Señor, na súa ira e na súa bondade

2 (Alef) Deus celoso e vingador é o Señor. O Señor víngase dos seus adversarios, El é quen se acende en ira contra os seus inimigos.

3 O Señor vai de vagar para a ira, pero é grande en poder, e non deixa sen castigo a ninguén. (Bet) Ten o seu vieiro no furacán e na tormenta, as nubes son o po dos seus pés.

4 (Guímel) Arremete contra o mar e faino secar, e todos os ríos quedan esteados. (Dálet) Murchan Baxán e o Carmelo, e tamén a flora do Líbano.

5 (He) Os montes tremen diante del, estremécense os outeiros. (Vau) A terra soérguese ante a súa presenza, o mesmo có orbe e todos os seus habitantes.

6 (Zain) Na presenza do seu enfado, quen se terá de pé? Si, quen se levantará ante a indignación do seu rostro? (Het) O seu furor esténdese coma o lume, os penedos esnaquízanse ante El.

7 (Tet) O Señor é bondadoso, é refuxio no día da angustia, (Iod) El coñece os que confían nel,

8 cando El pasa na inundación. (Kaf) Realiza a destrución nos que se levantan contra El, e ós seus inimigos perségueos na tebra.


Palabras dirixidas ós xudeus proasirios

9 Que matinades vós contra o Señor? El é quen realiza a destrución: a angustia non se levantará dúas veces.

10 O mesmo ca unha silveira revolta serán consumidos totalmente; coma a palla seca tamén eles serán devorados,

11 pois de ti saíu o que maquina o mal contra o Señor, o conselleiro do "que non aproveita".


Oráculo salvífico, dirixido a Xudá

12 Así fala o Señor: "Aínda que estean completos e sexan ben numerosos, serán cortados e pasarán. Humilleite, pero non te volverei humillar.

13 Si, agora romperei o xugo que puxo sobre ti, e rebentarei as túas cadeas".


Oráculo de castigo contra o rei Amón

14 O Señor dá esta orde contra ti: "Xa non se volverá a esparexer a semente da túa familia; dos templos dos teus deuses farei desaparecer as imaxes esculpidas e as fundidas. Prepararei a túa sepultura, pois tes pouco peso".

Lean sinn:



Sanasan