Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Miqueas 5 - Biblia SEPT

1 E ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá, de ti vai saír un que será o soberano de Israel; a súa orixe é desde antigo, desde os días do comezo.

2 El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.

3 Manterase firme e pastoreará co poder do Señor, coa gloria do nome do Señor, o seu Deus, e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:

4 "o da Paz" será o seu nome. Asiria, entrará, así, na nosa terra e penetrará no país, pero de entre nós faremos xurdir contra ela sete pastores e oito xefes,

5 que pastorearán a terra de Asiria coa espada e o país de Nimrod coa lanza. Si, eles liberarán a esa Asiria, que entrará na nosa terra, e penetrará nas nosas lindes.


O resto de Xacob, na época mesiánica

6 Estará o resto de Xacob no medio das nacións numerosas, coma a rosada que vén de parte do Señor, coma a chuvia forte sobre a herba. Certo que El non confía no home nin espera nada dos humanos.

7 Estará o resto de Xacob entre os pobos, e no medio de nacións numerosas, coma o león entre as feras salvaxes, coma o cachorro do león entre as reses dun rabaño; se entra, atrapa e esgaza, non hai quen salve.

8 Ergue a túa man contra os teus adversarios, que desaparezan todos os teus inimigos.


O Señor fará desaparecer todos os falsos apoios humanos

9 Velaí o que sucederá no día aquel —é o Señor quen fala—: farei desaparecer os teus cabalos e vou destruír os teus carros.

10 Farei arrasar as cidades do teu país, e derrubar as túas fortificacións;

11 tamén farei desaparecer os teus bruxos, xa non terás máis adiviños.

12 Si, esnaquizarei os teus ídolos, e as túas imaxes simbólicas, de xeito que non volvas prostrarte ante o feitío das túas mans.

13 Si, aniquilarei do medio de ti os símbolos da túa Axerah, e desfarei as túas imaxes espidas.

14 Con ira e furor cobrarei a vinganza contra os pobos que non obedezan.

Lean sinn:



Sanasan